Carteis propagandísticos

As ideas políticas van atopar no cartel un medio co que atraer seguidores e difundir as diversas posicións ante os acontecementos. A propaganda política experimentou un notable crecemento no século XX e en concreto o cartelismo político español tivo un forte auxe a partir de 1931. O cartel político caracterízase por estar composto xeralmente por unha imaxe impactante e un texto ou slogan convincente e fácil de lembrar. A súa orixe remóntase finais do século XIX e estivo en pleno auxe durante a primeira Guerra Mundial, demostrando que era un eficaz medio de propaganda. Igual que sucede con calquera outro tipo de cartel, coa chegada dos novos avances no ámbito da impresión, pasouse dos carteis meramente tipográficos nos que se anunciaban desde a celebración de mitins ata a convocatoria de folgas ou protestas, a aqueles nos que a imaxe é o fundamental. Existen carteis que convocan a revolucións obreiras, ás máis variadas votacións ou que anuncian melloras conseguidas polos gobernos en diferentes campos como sanidade, educación ou seguridade cidadá, etc.

O cartel político en España experimentou un forte auxe entre 1931 e 1939 e constituíu o principal medio de difusión de mensaxes bélicas, revolucionarios, solidarios, antifascistas e mesmo educativos e de denuncia social. Obsérvase unha importante desproporción entre o número de carteis conservados de republicanos e “nacionais” debido ao feito de quedar en zona republicana as cidades con maior desenvolvemento das artes gráficas.

A Biblioteca posúe unha colección especialmente significativa, tanto pola súa calidade, como polo seu significado histórico, de carteis da República e da Guerra Civil Española. A colección comprende aproximadamente 500 carteis editados entre 1931 e 1939. O núcleo inicial da mesma foi adquirido en 1982 a un particular, e ha ido incrementándose a partir de entón a través de diversas adquisicións. Inclúe carteis políticos (electorais xerados nas diversas eleccións republicanas, de sindicatos, etc.) e carteis bélicos (campañas de recrutamentos, do exército popular e do nacional, de sanidade, de intervención estranxeira, carteis da retagarda….).

Entre os seus autores están algúns dos máis destacados ilustradores e cartelistas españois como Josep Renau, José Bardasano, Josep Alumá, Cristóbal Arteche, Arturo Ballester, Jacint Bofarull, Valentí Castanys, Antoni Cravei, Ricard Fábregas, Lorenzo Goñi¸ Joaquín Martí-Bas, Melendreras ou Josep Morell.

O estudo e descrición destes carteis están recollidos no Catálogo de carteis da República e a Guerra Civil Española publicado pola BNE en 1990.

Aínda que esta é unha das coleccións máis emblemáticas da Biblioteca non son os únicos carteis de índole política. Dentro deste bloque poden incluírse todos aqueles carteis xerados polos distintos ministerios ou órganos institucionais estatais, autonómicos ou locais destinados á promoción e información das súas actividades. Tamén se inclúe toda a cartelaría xerada a partir da chegada da democracia nas sucesivas convocatorias electorais que tiveron lugar en España desde a primeira campaña de 1976. A través deles pódese rastrexar a evolución política española, desde o simple “Vota” a outras mensaxes máis elaboradas ou lemas que pretenden transmitir mensaxes implícitas.