Carteis de viaxes e turismo

Unha parte importante da colección de carteis da BNE está dedicada a viaxes e turismo: medios de transporte, hospedaxes e gastronomía, excursións, promoción de lugares de interese cultural, etc.

Desde finais do século XIX distintas empresas privadas, moitas delas relacionadas co ferrocarril e os transportes marítimos, fomentaron a cartelaría como medio publicitario das súas actividades. Así mesmo, a partir de 1928, coa fundación do Padroado Nacional de Turismo, o Estado comeza a xerar unha produción espléndida de carteis destinados á promoción da viaxe polo país. Cabe destacar o concurso de carteis para a promoción turística celebrado en 1929, no que participaron máis de 50 ilustradores, pintores e publicistas. Foi un evento de gran importancia para o mundo da ilustración en España que hoxe en día nos permite comparar como diversos artistas daquel momento representaron o patrimonio arquitectónico, a cidade e a paisaxe do noso país.
Este labor de promoción do turismo nacional, foi continuada despois da Guerra Civil por un novo organismo, a Dirección Xeral do Turismo, servíndose nun principio do cartel pictórico ou ilustrado, e máis tarde do fotográfico, para potenciar o turismo en España. Máis tarde a cartelaría turística viuse complementada ou substituída por outras canles de difusión como o cinema e a televisión.