Fonógrafos e gramófonos
No Departamento de Música e Audiovisuais da BNE atopamos unha das coleccións históricas de aparellos gravadores e reprodutores e de gravacións sonoras máis importantes de España, fiel reflexo da historia da edición fonográfica española.
A progresiva aparición de novos soportes contribuíu sen dúbida á mellora da calidade de gravación, tanto de son como da voz humana desde os fráxiles e primitivos cilindros de cera. A Biblioteca Nacional de España conserva testemuños de cada un destes soportes documentais, o que é proba da enorme riqueza da colección que custodia.
Pola especial natureza destes aparellos de reprodución, o Departamento de Música e Audiovisuais xestiona, en colaboración co Museo da BNE, a complexa catalogación dun amplo repertorio de aparellos reprodutores, en perfecto estado de funcionamento. Da mesma maneira que se fomenta o enriquecemento da colección dos diferentes soportes, faise necesario o incremento dos aparellos de reprodución. A finalidade é, en primeiro termo, garantir a existencia dun reprodutor orixinal que permita rescatar a información de cada un dos soportes. Por tanto, a conservación deste tipo de obxectos é un labor primordial.