Bibliografía

A colección de Bibliografía está formada por bibliografías e catálogos, con fondos españois e estranxeiros. Iniciada na segunda metade do século XIX, coñeceu un auxe importante no século XX, grazas á Lei de depósito legal e á adquisición de obras de referencia estranxeiras.

A colección compleméntase coa de obras de consulta xerais (dicionarios, enciclopedias, etc.) situada no Salón de Lectura, e coas bibliografías e obras de consulta especializadas que se encontran nas salas de Manuscritos, Belas Artes e Música.

Como parte do seu contido, a Biblioteca Nacional de España foi incorporando aos seus fondos unha extensa colección de bibliografías e catálogos, con fondos españois e estranxeiros, reunida na súa maioría no Servizo de Información Bibliográfica.

Durante todo o século XIX, a colección de bibliografías increméntase con obras españolas e, máis lentamente, con repertorios estranxeiros, como consecuencia da compra de determinadas obras, dos donativos (de particulares e institucións) ou do ingreso de bibliotecas privadas -como as de Agustín Durán, o Marqués de la Romana ou Pascual de Gayangos, entre outras-, tamén adquiridas, que contiñan importantes obras de bibliografía de fóra de España.

Ao longo do século XX, o incremento de fondos é cada vez maior, ata que as disposicións sobre o depósito legal permiten formar unha colección completa de obras españolas. Paralelamente, a política de adquisicións da Biblioteca Nacional puxo especial énfase na compra de obras de referencia estranxeiras, incrementándose notablemente o fondo dende 1978, data en que se agrupan a maior parte das bibliografías da Nacional, formando a Sección de Bibliografía que, en 1986, se converterá no actual Servizo de Información Bibliográfica.

O Servizo de Información Bibliográfica reúne libros, folletos e publicacións periódicas de carácter bibliográfico, e dende 1978 ponos a disposición dos usuarios, en libre acceso e ordenados sistematicamente para facilitar a consulta por materias. Ademais, conta cunha valiosa colección de bibliografías e catálogos de bibliotecas en microficha.

Esta colección compleméntase coa de obras de consulta xerais (dicionarios, enciclopedias, coleccións de clásicos e introducións a diversas materias) situada nas salas de lectura, en libre acceso, e coas bibliografías e obras de consulta especializadas que se encontran nas salas de Manuscritos e Impresos Reservados (Sala Cervantes), Belas Artes (Sala Goya) e Música (Sala Barbieri).