Gravado inglés
A colección de gravado inglés da Biblioteca Nacional de España distribúese en estampas soltas e libros ilustrados. Un grupo moi especial é o formado pola Iconografía de personaxes británicos, que, se ben é menor en cantidade que a colección de Iconografía Francesa e Hispana, destaca pola súa orixinalidade e técnica artística. Foron mestres no procedemento chamado maneira negra ou gravado “ao fume”.
Os máis importantes gravadores ingleses que estamparon empregando a maneira negra están representados na nosa colección: Beckett, Faithorne, Smith, Burke, etc. Tamén forman parte deste conxunto os retratos de personaxes ingleses realizados por gravadores españois.
Doutra banda, a biblioteca posúe numerosos gravados realizados por artistas ingleses que polas súas peculiaridades destacan especialmente como, por exemplo, as estampas de William Hogarth (1697-1764), intérprete excepcional da realidade da súa época, que marcan un antes e un despois na forma de describir a través dunha imaxe e que tiveron gran influencia na arte española do século XVIII.